Xantar 2013, cita en Ourense dende o 6 de marzo

Xantar 2013, cita en Ourense dende o 6 de marzo

Xa chega Xantar, a cita en Ourense é este ano do 6 ao 10 de marzo. Nos 12.000 metros cadrados de Expourense contan con que acudan miles de visitantes que se achegarán aos distintos expositores e restaurantes, con citas gastronómicas e turísticas de nivel e menús especiais por parte de distintos concellos.

Xantar é punto de encontro de recursos turísticos e nesta décimo cuarta edición Perú será o seu país invitado, aínda que cómpre destacar que Portugal sempre garda unha relación moi estreita co evento.

As festas gastronómicas, o turismo rural, os distintos camiños a Santiago, Iberoamérica ou o turismo gastronómico en xeral son algúns dos eixos da cita.

O Consello Galego de Cooperativas participará un ano máis como patrocinador. Contarán cun posto dende o que promover as actividades que realizan as cooperativas adscritas e organizar varias actividades e degustacións.

A novidade deste ano será a exposición “Descobre as cooperativas”, organizada pola Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social. A través dun percorrido dinámico e interactivo, os visitantes poderán coñecer as potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego no actual contexto económico.

Programa Provisional

Mércores 6 de marzo

11.00 h.- Conferencia inaugural: Presentación do programa “Xente con vida”.

Jorge Suances Hernández. Subdirector Xeral de Programas de Fomentos de Estilos de Vida Saudables. Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

12.00 h.-  Aula Gastronómica. Obradoiro de cociña con Lamprea, IXP Grelos de Galicia, IXP Castaña de Galicia. Maridaje con viños do C.R.D.O. Ribeiro.

Consellería do Medio Rural e do Mar. 

Imparte: Alberto González. Restaurante Silabario (Tui).

12.30 h.- Cata de Xamón Selecto COREN.

13.00 h.- Inauguración oficial XANTAR 2013.

Pregón a cargo de Ymelda Moreno de Arteaga. Presidenta da Confraría da Boa Mesa, Académica da Real Academia de Gastronomía e Coordinadora Xeral da Guía Repsol.

13.00 h.- Obradoiro-demostración de Gastronomía Peruana “O Ceviche” e “Turrón de Pisco” maridados con viños do CRDO Ribeiro.

Chef Mario Céspedes (Perú).

Mestre Pasteleiro Miguel Sierra (Asturias).

14.00 h.- Conferencia: Sandwich, Cociña sinxela e de calidade (Grupo Cuevas – Aquié).

Victoria Solla. Responsable de Calidade do Grupo Ruta Jacobea.

14.15 h.- Cata de Aceites.

C.R.D.O. Sierra Mágina (Xaén).

17.00 h.- Cata de Viños de Galicia Calidade.

Laura Gaioso. GALLAECIA – Asociación de Sumilleres de Galicia.

18.00 a 20.00 h.- Degustación de Aceites adscritos ó C.R.D.O. Sierra Mágina de Xaén.

19.00 h.- Concurso Prato Xantar 2013.

20.00 h.- Cata comentada de meles de Galicia.

Consello Regulador “Mel de Galicia”. Organiza: Consellería do Medio Rural e do Mar.

Xoves 7 de marzo

11.00 h.- Conferencia: Gastronomía e Turismo.

José Antonio Fraiz. Director do Posgrado de Turismo e Termalismo. Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Universidade de Vigo (Campus de Ourense).

11.30 h.- Presentación do proxecto “PROMERCADO” e conferencia: A pataca na Dieta Saludable.

José Manuel Rodríguez. Director xerente do INORDE – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico.

Servando Pousa Álvarez. Director do Centro Agrogandeiro do INORDE.

12.00 h.- Conferencia: Ourense QR. Tecnoloxía ó servizo de Turismo na provincia de Ourense. 

José Manuel Rodríguez. Director xerente do INORDE.

José Manuel Freire Couto. Presidente do INORDE.

****12.00 h.- Obradoiro de elaboración de bombóns con castaña.

Miguel Sierra. Mestre Pasteleiro (Asturias).

12.15 h.- Cata de produtos do Mar: Percebe en paté, Ova de ourizo ó natural e Percebes ó natural.

Presenta: Susana González Álvarez, Administradora de Mar Silleiro e percebeira.

13.00 h.- Aula Gastronómica. Obradoiro de cociña con Tarta de Santiago, Conservas ANFACO-CECOPESCA, IXP Pan de Cea. Maridaxe con viños CRDO Valdeorras.

Consellería de Medio Rural e do Mar.

Imparte: Emma Pinal.

13.15 h.- Cata de Porco criado con castañas COREN.

14.00 h.- Obradoiro de Pastelaría e Doçaria do Douro. 

Chef Patricia Duarte e alumnos de Pastelería da Escola de Hotelería de Lamego (Portugal).

17.00 h.- Presentación da nova visión do “Vinho do Porto” con chocolate.

Chef Gustavo Maia e alumnos de Bar de la Escuela de Hotelería de Lamego.

****18.00 h.- Curso de Talla e Ornamentación con Froitas e Verduras. 

José Martín González. Premio Nacional de Decoración Gourmand (Málaga).

19.00 h.- Concurso Prato Xantar 2013.

19.30 h.- Cata de Viños “Distinguidos Gallaecia”. 

Aurelio Vázquez. GALLAECIA – Asociación de Sumilleres de Galicia.

20.00 h.- Conferencia: Gastronomía e Sostibilidade: A pegada de carbono.

Rubén Jiménez. Energcocina- Asociación Nacional.

20.00 h.- Acto de entrega dos premios “Platos de Oro” e das “Medallas de Oro” concedidas por Radio Turismo.

20.30 h.- Cata de Queixos de Galicia. 

Organiza:Consellería do Medio Rural e do Mar.

Venres 8 de marzo

11.00 h.- Conferencia: O Turismo de proximidade como potenciador do desenvolvemento integrado e sostible da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Antonio Cunha Leal. Doctorando en Turismo. Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.

11.30 h.- Conferencia: Terapia entre Fogóns. Gastronomía saludable en balnearios.  

Dr. Xavier Marí. Director Médico do Grupo Balnearios Activos.

****12.00 h.- Obradoiro de Azucre Soplado.

Miguel Sierra. Mestre Pasteleiro.

12.30 h.- Cata de Polo de Corral COREN.

13.00 h.- Aula Gastronómica. Obraoiro de cociña con IXP Faba da Lourenzá, IXP Mexíllón de Galicia, IXP Ternera Gallega. Maridaxe con viños CRDO Monterrei.

Consellería do Mar e do Medio Rural.

Imparte: Domingo González Lorenzo. Xefe de Cociña do Hotel Balneario de Lobios Grupo Caldaria.

13.30 h.- Cata de Viños de Parada de Sil.

13.45 h.- Presentación e creación dunha nova categoría de bebida: The Refremixer – Pink Cow.

Flavio Morganti. Investigador.

14.30 h.- Presentación e degustación dos catro Queixos D.O. “Queso Manchego” gañadores do Concurso Anual de Calidades. Categorías: Artesán, curado e Semicurado, e Industrial Curado e Semicurado.

Ismael Álvarez de Toledo y Perales. Presidente da Confraría do Queixo Manchego.

17.00 h.- Cata de Oruxos e Licores de Galicia.

Consellería de Medio Rural e do Mar.

17.00 h.- Presentación dos novos produtos de Aceites Abril.

Liña Gourmet “Gotas de Abril”.

Monovarietais de Arbequina, Picual e Hojiblanca.

Sprays de Aceite de Oliva Virxe e Oliva Virxe Extra Abril.

17.30 h.-  Obradoiro: Aprendendo a catar (nenos de 5 a 12 anos).

Mercedes González. Presidenta de GALLAECIA – Asociación de Sumilleres de Galicia.

18.30 h.- Presentación: Gastronomía e artesanía de Galicia e Norte de Portugal: Guía de Produtos Tradicionais de Excelencia da Eurorrexión” .

Deputación Provincial de Ourense.

18.30 h.- Cata de espumosos galegos.

Mercedes González. Presidenta de GALLAECIA – Asociación de Sumilleres de Galicia.

19.00 h.- Concurso Prato Xantar 2013.

19.30 h.- Cata: Os Viños e as súas lías.

Iria Otero. GALLAECIA – Asociación de Sumilleres de Galicia.

20.00 h.- Conferencia: Lagares rupestres en Galicia.

Luis Paadín. Presidente da Asociación Galega de Catadores.

20.30 h.- Cata de Viños das D.O. de Galicia.

Organiza: Consellería do Medio Rural e do Mar.

Imparte: Nacho Costoya. Campeón de Xefes de Sala-Maitres e Premio Nacional Mellor Maitre 2012. DISTRIOR-DISGOBE.

20.30 h.- Conferencia FORO LA REGIÓN: Dieta e Estilos de Vida na Prevención Cardiovascular: A Dieta Atlántica. 

Dr. Miguel Pocovi. Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Zaragoza e Secretario da Fundación Grande Covián.

Sábado 9 de marzo

12.00 h.- Showcooking: Receitas creativas con produtos de Galicia Calidade.

Cociñando con Marian Rodríguez (Vigo).

12.15 h.- Cata de Viños de Portugal (Cámara Municipal de Viana do Castelo).

12.30 h.- Conferencia: Innovacións no Manexo e Alimentación do Porco Celta.

José Antonio Carril González-Barros. Director Técnico da Raza Porcina Celta. ASOPORCEL.

Posterior degustación de Produtos de Porco Celta ás 13.15 h.

13.00 h.- Aula Gastronómica. Obradoiro de cociña con produtos adscritos ó Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Maridaxe con viños do CRDO Ribeira Sacra.

Consellería de Medio Rural e do Mar.

Imparte: Jorge García “Koki”. Mesón do Alberto (Lugo).

13.45 h.- Cata de Tenreira Galega COREN.

17.00 h.- Showcooking Viana do Castelo.

17.15 h.- Cata de Augas de Galicia Calidade. 

Mercedes González. Presidenta de GALLAECIA – Asociación de Sumilleres de Galicia.

18.00 h.- Novas tendencias de Coctelería – Coctelería con Nitróxeno.

Diego Mosquera. Vicepresidente da Asociación Galega de Barmen.

18.30 h.- Cata de queixos infantil.

GALLAECIA – Asociación de Sumilleres de Galicia.

19.00 h.- Concurso Prato Xantar 2013.

19.45 h.- Presentación da “Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia”.

Luis Paadín. Director Técnico da Guía.

20.30 h.- Cata Piscos Peruanos Vs. Augardentes de Galicia.

GALLAECIA – Asociación de Sumilleres de Galicia.

Domingo 10 de marzo

13.00.- Pulpos Auriensis. Homenaxe Gastronómica á provincia de Ourense. 

Chef. Flavio Morganti. Aceites Abril. Viños do Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro.

13.00 h.- Cata de Callos COREN.

13.15 h.- Cata de queixos de Galicia Calidade.

Mercedes González. GALLAECIA – Asociación de Sumilleres de Galicia.

OUTRAS ACTIVIDADES:

– Concurso de Prato Galego “XANTAR 2013”.

– Exposición de Arte Gastronómica.

– 4ª Mostra de Cartaces das Festas Gastronómicas de Galicia.

– Exposición de Produtos Selectos de Galicia.

– Degustación de Cafés (Stand Cafés Lisboa).

– Degustación de Cervexa e Augas (Stand de Hijos de Rivera- Estrella Galicia).

Xantar 2013 Folleto

Comparte...