O Xantar de Tapas 2016, para o Paprica

O Xantar de Tapas 2016, para o Paprica

O Concello de Lugo acolleu esta mañá a entrega de premios da final técnica do 12º Xantar de Tapas, que se celebrou o fin de semana pasado entre unha selección dos establecementos hostaleiros máis votados polo público na primeira fase do concurso. Este ano, a vitoria foi para o Paprica coa súa tapa “AC-543”. A Arrocería Os Cachivaches foi segunda con “Carabineri” e logrou a distinción de mellor maridaxe con viño D.O. Ribeira Sacra; mentres que a creación “A Sopa e o mar” do Mesón Colón se fixo co terceiro posto. O premio á mellor maridaxe con Estrella Galicia levouno o Xoldra, polo seu “Vieira con salteado de verduritas, alga crujiente y jamón”.

Nesta edición, o xurado a cargo de seleccionar aos gañadores estivo dirixido por Quique Rodríguez, chef do Hotel Villa Magna de Madrid; e integrado pola bloguera gastronómica Celina Lozano, o chef Martín Mantilla e o catador Alejandro Penalonga.

Durante o acto do día de hoxe celebrouse, ademais, o sorteo de agasallos aos clientes que degustaron as tapas finalistas. A listaxe de premiados pode consultarse na web do concurso.

Comparte...