Xantar 2013 tendrá a Perú como país invitado

XANTAR 2013 CONTARÁ CON PERÚ COMO PAÍS INVITADO

Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, celebrarase en Expourense, entre o 6 e o 10 de marzo. Será a súa 14ª edición e contará con Perú como país invitado a través da colaboración das Municipalidades de Ate e Carabayllo, coas que se asinou un convenio de colaboración.
O país sudamericano estará presente en todas as accións previstas para esta edición promovendo a súa gastronomía, turismo, artesanía e produtos agroalimentarios.
A cociña peruana é cada vez máis apreciada no mundo, e é froito da fusión da tradición culinaria do antigo Perú, coa cociña española e a herdanza dos escravos africanos. Esta mestizaxe tamén foi influenciada polos costumes dos xefes de cociña franceses que chegaron ao Virreinato do Perú. A isto sumóuselle a grande inmigración de chineses cantoneses, xaponeses e italianos ao país, conformando unha mistura na que conflúen sabores e técnicas dos catro continentes. Nos últimos anos levouse adiante unha revalorización dese legado, coa fusión dos produtos tradicionais e técnicas modernas, dando lugar a un renacer da gastronomía peruana a nivel internacional.

Lima, a capital, conta con 22 mil restaurantes, máis de 30 escolas de cociña e é sede da feira gastronómica máis grande de Latinoamérica, Mistura.

Comparte...