Chocolate con cereixas e torta de améndoa, novos licores de Xestal

Chocolate con cereixas e torta de améndoa, novos licores de Xestal

Destilarías Xestal conta con dous novos licores na súa marca Alquitara, elaborados seguindo o mesmo procedemento de fabricación que a súa crema de licor, sacada de bagazo de uva Ribeiro.

Trátanse dunha crema de chocolate con cereixas e un licor de torta de améndoa.

A crema de chocolate con cereixas parte da unión de chocolate suízo e cereixas maceradas de alta calidade. A súa nota apunta que se caracteriza pola súa “cremosidade, textura densa, untuosa, sedosa, acompañada do bo aroma que desprende a boa conexión que supón a parella formada polo chocolate coa cereixa”.

O licor torta de améndoa quere evocar a Torta de Santiago cun toque aromático de canela e limón.

As Destilarías Xestal atópanse en Ribadavia.

Comparte...