Os Xoves de Códax inician hoxe os seus concertos e destinarán a recadación a diferentes ONG

Os Xoves de Códax inician hoxe os seus concertos e destinarán a recadación a diferentes ONG

Bodegas Martín Códax inicia hoxe o seu ciclo Os  Xoves de Códax, que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto e que recadarán fondos para un total de 8 entidades benéficas. Coas entradas totalmente esgotadas, a música empezará a soar a partir das 20.30 h desta tarde.

Os primeiros concertos de Os Xoves de Códax arrincan este xoves coas actuacións de Guadi Galego e Iván Ferreiro con todas as entradas xa vendidas. O vindeiro xoves 12 serán Xabier Díaz &  Adufeiras do Salitre os encargados de poñer música á tardiña desde a terraza das Adegas Martín Códax. En total serán 7 as tardes de concerto maridadas con albariño que ofrecen as Bodegas Martín Códax cun cartel do máis variado e que incluirá tamén a artistas como  Uxía, La Negra ou Najla Shami.

O prezo das entradas é de 15 euros e a recadación de Os Xoves de Códax irá destinada integramente  a un total de 8 entidades sen ánimo de lucro. Así Os Xoves de Códax destinará a recadación de cada un dos días de concerto a unha asociación da nosa contorna, colaborando desta maneira con Cáritas, Apropark, Asociación Bata, Amencer- Aspace, Afaga, Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, TDH Salnés e Asociación Arela.

Bodegas Martín Códax pretende desta maneira propoñer novas formas de gozar e vivir os viños, acompañados de boa música e por suposto compañía, nunha contorna privilexiada como é o val de  Burgáns (Cambados), con impresionantes vistas para gozar cunha copa das postas de Sol.

Comparte...