A Xunta promoverá os produtos de pesca e acuicultura da man de CEHOSGA

A Xunta promoverá os produtos de pesca e acuicultura da man de CEHOSGA

A Xunta de Galicia, a través da consellería do Medio Rural e do Mar, colaborará coa Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (Cehosga)  para promover, entre os asociados, o uso de produtos galegos de pesca e acuicultura.

Entre as accións que se poñerán en marcha están estudos específicos sobre necesidades de compra de produto, análise dos hábitos de consumo e divulgación das moitas posibilidades do peixe galego mediante talleres e demostracións gastronómicas.

Ademais do consumo responsable e apoiar a sostibilidade dos recursos pesqueiros, quérense evitar as fraudes que se poden producir na comercialización.

A partida desta campaña conta con 83.732 euros de partida presupostaria.

Comparte...