A Xunta insiste na consolidación dunha única D.O.P para todo o mexillón de procedencia galega

A Xunta insiste na consolidación dunha única D.O.P para todo o mexillón de procedencia galega

A Consellería de Mar ven de anunciar que seguirá a tentar atopar a fórmula para consolidar unha D.O.P Mexillón de Galicia na que se atopen integrados todos os intereses da cadea de producción do sector, xa que “se deixa fóra da posibilidade de identificar na súa orixe ao 86% do mexillón igualmente galego”, en palabras de Rosa Quintana. Segundo Mar, tratarase de atopar unha solución porque un volume moi importante, en concreto o 40% da produción total deste bivalvo na nosa comunidade, vai destinado a conservas.

A Xunta anuncia que xa pediu un novo ditame técnico e biolóxico ao Comité Científico das D.O.P da Unión Europea para que aclare se o mexillón en conserva é o mesmo produto que o mexillón en fresco. O último informe desta institución non permitía agrupar a ambas partes baixo o paraugas da denominación, xa que consideraba que o tratamento térmico e a conxelación modifican as características físicas e organolépticas do produto fresco.

Comparte...