A Xunta reforzará en 2017 a promoción dos produtos galegos de calidade

A Xunta reforzará en 2017 a promoción dos produtos galegos de calidade

A promoción dos produtos galegos de calidad, e especialmente dos viños con denominación de orixe de Galicia, verase reforzada o próximo ano cun orzamento de preto de 8 millóns de euros. Así o confirmou a Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, nunha reunión de traballo cos responsables dos 5 consellos reguladores: Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei.

Deste xeito, e debido ao carácter estratéxico que ten o sector do viño para o agro galego, en 2017 a partida orzamentaria correspondente ás accións que executa directamente Medio Rural aumentará un 35% con respecto a este ano, ata superar o 800 mil euros; mentres que a dedicada a apoiar as actividades que realizan tanto os consellos reguladores como outras asociacións sectoriais farao un 32%, chegando aos 3,5 millóns de euros. Entre as accións realizadas pola Xunta atópanse campañas publicitarias, asistencia a feiras e organización de diferentes eventos, como catas de viño, augardentes, queixos e meles galegas.

Ademais disto, Galicia recibirá 1 millón de euros na próxima axuda para a reestruturación e reconversión do viñedo, que permitirá actuar en preto de 100 hectáreas con tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñas e melloras nas técnicas de xestión das plantacións.

Entre o ano 2000 e 2015 beneficiáronse destas axudas, que permiten diminuír os custos de produción das explotacións, favorecendo a profesionalización dos produtores e o cambio xeracional; preto de 9300 viticultores galegos.

Comparte...