XXI Premios de Gastronomía de Galicia

XXI Premios de Gastronomía de Galicia

Xa coñecemos ós gañadores dos XXI Premios de Gastronomía de Galicia. Nesta ocasión Purificación López Rosende, de Marisquería Ríos de A Coruña (A Coruña); María Estrella Ares Bermúdez, de Restaurante “Galicia” de Baamonde (Lugo); Elena Crespo Fernández, de Restaurante “Cuatro Caminos” de Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) e Nieves Ucha Caramés de Restaurante Corinto de Lérez (Pontevedra) acadaron o recoñecemento na modalidade “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especial destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas.

Benigno Campos Melón recibe o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da Cociña Galega en Galicia e Javier Mariño Rois de Restaurante “Mariño” en Irún obtivo o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega fóra de Galicia.

Tamén foi recoñecida “Estrella Galicia” como empresa que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega. Ademais fallouse unha nova categoría, a de pequeno produtor, que este ano recaeu en Leite O Alle.

A entrega dos XXI Premios de Gastronomía de Galicia, organizados polo Concello de Lalín en colaboración con Turismo de Galicia terá lugar na Gala de Gastronomía de Galicia que se celebrará o venres, 6 de febreiro, no Lalín Arena.

Comparte...