XXV Aniversario da Festa do Melindre

XXV Aniversario da Festa do Melindre

Os amantes do doce teñen unha cita ineludible este fin de semana en Terras de Melide. A tradicional Festa do Melindre abre as súas portas un ano máis para homenaxear ao seu produto estrela. A pesar de que nun principio o obxectivo desta festividade era honrar a exquisitez desta sobremesa, cos anos esta celebración estendeuse en honra a toda a repostería típica da comarca, recollendo mediante tres produtos típicos a alma da súa tradición reposteira: O melindre, o rico e o amendoado.

Esta iniciativa xorde co fin de promocionar e protexer o meticuloso e tradicional modo de elaboración da repostería melidense. Un gran número de casetas dedicadas á repostería artesanal darán vida a esta XXV edición, que xunto ás diversas actividades programadas farán as delicias de grandes e pequenos.

A festividade dará comezo o vindeiro sábado día 7 ás 17:00h coa apertura das casetas, os participantes nesta celebración poderán gozar delas ao longo de todo o día. Así mesmo e ben entrada a tarde os presentes poderán gozar dun Showcooking de man do chef Xoan Crujeiras (Restaurante A Estación),contando ademais coa presenza do vermú galego St.Petroni, que se encargará da maridaxe. A frescura e singularidade do aperitivo de albariño sobre lías fai un tándem perfecto coa calidade dos productos de Melide.

O domingo ás 12:30 terá lugar uno dos eventos máis esperados do fin de semana, a entrega dos títulos de embaixadoras e embaixadores do melindre que virá acompañada da lectura do pregón.

Comparte...