As XXX Cata dos Viños de Galicia e as XX Cata das Augardentes entregaron os seus premios

As XXX Cata dos Viños de Galicia e as XX Cata das Augardentes entregaron os seus premios

A pasada semana a edición número 30 das Catas de Galicia 2018 emitiron o seu veredicto. Os mellores viños de Galicia son, segundo estes premios, o branco Veiga da Princesa e o tinto Crego e Monaguillo.

Estes premios elixen, ademais dos mellores viños en termos xerais, os mellores viños de cada unha das cinco D.O. da nosa comunidade, ademais dos colleiteiros e de pequenas adegas, os viños de colleitas anteriores e outras variedades como os mellores viños ecolóxicos. Trátase dun recoñecemento que permite poñer en valor o traballo do sector e a calidade dos viños galegos.

Ademais, as augardentes galegas coñecen xa os seus resultados. Así, o Pote de Ouro da XX Cata de Augardentes de Galicia foi para Martin Códax, o mellor licor tradicional é SEGREL de Bodegas Pablo Padín e o mellor licor café vólveo levar SEGREL.

Comparte...