12 Cuncas poñerá viño e música ao Peter´s Room

12 Cuncas poñerá viño e música ao Peter´s Room

12 Cuncas, albariño monovarietal acollido na D.Ou. Rías Baixas, subzona do Salnés, acompañará ao evento Peter´s Room na clausura da tenda emerxente patrocinando unha sesión musical e ofrecendo gratuitamente unha degustación do produto.

A música virá da man de Pop Voyage DJ, Raúl Santiago, que adaptará os temas ao espírito do evento no que pica e sobre todo ao do 12 Cuncas, un viño brillante e dourado, cunha entrada en boca suave, fresco e versátil.

A cita terá lugar o ,sábado 30 de abril, a partir das 19:00 h, no Espazo Noventa, Santiago.

Comparte...