3ª  Degustación de Queixos de Primavera en Casalexo

3ª Degustación de Queixos de Primavera en Casalexo

O Bar-Vinoteca ferrolán Casalexo celebra unha nova edición da Degustación de Queixos de Primavera, unhas xornadas gastronómicas nas que o máximo protagonista é o queixo propio destas datas.

Da man da distribuidora Coalbe, os interesados poderán degustar ata 8 variedades de queixos procedentes de Francia, Suiza e Italia.  Entre eles o Beaufort Chalet D’Alpage, según a organización un dos máis caros do mundo, moi buscado tanto polos mellores restaurantes como polos gourmets máis esixentes.

O evento terá lugar  dende o xoves 14 de abril ata o vindeiro 12 de maio.

Comparte...