A Rúa envía 11 bodegas ao XVII Iberovinac de Almendralejo

A Rúa envía 11 bodegas ao XVII Iberovinac de Almendralejo

O XVII Iberovinac de Almendralejo contará este ano cunha ampla representación galega: 11 bodegas do Concello de A Rúa participarán neste Salón del Vino y la Aceituna, que se celebra na localidade extremeña entre o 8 e o 10 de novembro.

O Concello non quixo desaproveitar a oportunidade de dar a catar os caldos das súas bodegas, que xa en edicións anteriores despertaron o interese de diferentes importadores polos seus godellos e mencías a través do stand do municipio. A maioría enviarán dúas das súas marcas ao salón de viños, que estará adicado o día 8 aos expertos internacionais e o 9 aos distribuidores nacionais. Este ano está confirmada, ademais, a presenza de importadores asiáticos.

A representación de A Rúa, que estará acompañada por unha guía enoturística de Valdeorras é viño para promocionar as visitas ás bodegas, estará formada polas marcas Alán de Val, A Coroa, Joaquín Rebolledo, Adega Melillas, Cooperativa da Rúa “Virxe das Viñas”, Adega da Pinguela, Viña Valdeiga, Viña Fornos, Sampayolo, Bodega Quinta da Peza y Adega José González González.

Comparte...