Abastos 2.0 celebra o seu sétimo aniversario en Compostela

Abastos 2.0 celebra o seu sétimo aniversario en Compostela

O 31 de decembro de 2009 abría as súas portas en Santiago de Compostela a Taberna 2.0 de “[os]Abastos” , Iago Pazos e Marcos Cerqueiro; xusto dous anos antes da inauguración do Ghalpón 2.0 en 2011. Ambos se formaron xuntos na Escola de Hostalería Lamas de Abade e, tras terminar os seus estudos e emprender camiños separados no 2001, o destino volveu unilos para comezar a deseñar, xuntos, o que hoxe se converteu en Abastos 2.0.

Por todo este, “O cociñeiro entre fogóns” e “O taberneiro” celebrarán mañá, 31 de decembro, o súa particular “#abas7ada“, un brinde entre o equipo e os clientes que servirá para celebrar o sétimo aniversario do proxecto 2.0 con “música en vivo, amigh@s, sorrisos, bicos, apertas, bailes imposibles, birras, escumoso… e tu”. A festa, que terá lugar no Ghalpón, comezará á 1 da tarde.

Abastos 2.0., cun plantel de 20 persoas, ten como orixe do seu éxito unha “cociña da normalidade” baseada no produto galego do día, do mercado; pero traballada desde o punto de vista contemporáneo. Esta idea serviu aos emprendedores Pazos e Cerqueiro para poñer en marcha 4 espazos gastronómicos diferentes: “Barra Atlántica” en Madrid, “Loxe Mareiro” en Carril e os dous de Santiago de Compostela, “Taberna 2.0” e “Galphón 2.0”. Estes 3 últimos locais contan, ademais, cunha recomendación na prestixiosa guía Michelín.

Comparte...