Aceites Abril presentará o seu  AOVE de “oliveiras  galegas” mañá en Salón de  Gourmets

Aceites Abril presentará o seu AOVE de “oliveiras galegas” mañá en Salón de Gourmets

A ourensá Abril alíase con Coren e Vinigalicia para a posta de longo do seu  AOVE elaborado a partir de “oliveiras  galegas”, nunha cata que terá lugar mañá 8 de maio ás 13:30 h no 32 Salón de  Gourmets de Madrid.  Gerson Iglesias, chef do restaurante Adega das Caldas, será o encargado de liderar o showcooking que completará a cita, coa súa “cociña de mercado con raíces galegas”, e a directora de márketing da empresa,  Elena Pérez Canal, será a responsable da parte técnica da presentación.

Ademais de degustar o aceite de oliva virxe extra, os asistentes poderán probar tres variedades máis da marca e o Xamón Selecta de Porco Alimentado con castañas de Coren, regado co branco Mil Ríos  Godello da adega Méndez-Rojo.

O  AOVE de Abril, obtido do froito verde sobre todo das variedades  Arbequina e  Picual, é de cor verde intensa, delicado, fluído e limpo, e equilibrado en nariz e en boca. Conta con características únicas debidas ao seu cultivo en Galicia, marcado polo clima e a terra da zona.

Comparte...