Aceites Abril colabora coa iniciativa Axúdanos a Axudarlles

Aceites Abril colabora coa iniciativa Axúdanos a Axudarlles

Aceites Abril é unha das empresas colaboradoras da campaña solidaria Axúdanos a Axudarlles, unha actividade promovida por Óscar Castillo e Galicine Pontevella, que se desenvolverá este sábado 28 de febreiro no centro comercial Pontevella de Ourense. Esta será a segunda vez que se realice, e nesta ocasión os pequenos de familias con poucos recursos poderán ver en horario matinal a película “A orixe dos gardiáns”, tomar un refresco e gozar dunha volta nun tren lúdico por 3,30 €. Por 1,30 € poderán comer unha hamburguesa con patacas.

As firmas Coca-Cola, McDonald’s e Carrileiros tamén participan como patrocinadoras da xornada. Esta iniciativa para cinéfilos de Óscar Castillo en Pontevella continuará o terceiro sábado de cada mes.

Comparte...