Auga solidaria no Día Internacional da Muller

Auga solidaria no Día Internacional da Muller

Fontecelta quere celebrar o Día Internacional de la Mujer cunha etiqueta conmemorativa para dar toda a visibilidade posible o 8 de marzo e durante todo o mes, á concienciación da igualdade entre sexos, de salarios, de oportunidades… unha data para facer balance de paridade de xénero.

A etiqueta conmemorativa, unha edición limitada que xa está dispoñible na canle de gran distribución e hipermercados no formato botella 1,5 litros, conta en feminino a historia dunha muller durante a súa participación en tarefas solidarias en África; a historia dunha muller traballadora e da súa adicación á ensenanza dos máis pequenos; a historia dunha muller que goza do seu tempo, que se coida; a historia dunha muller que goza dos seus amigos, da súa vida….

Fontecelta quere dar visibilidade a moitos perfiles de mulleres, ao recoñecemento do seu papel fundamental na nosa sociedade, ao respecto e á de xénero con esta edición especial dun millón de botellas.

TRAXECTORIA SOLIDARIA

O compromiso de Agua Mineral Natural Fontecelta,S.A coa realización de actividades solidarias comenzou hai anos. Nun primeiro momento coa ONG Aldeas Infantiles Galicia SOS. Admiradores do traballo que a organización leva a cabo, concretouse a campaña solidaria “Señales desde Senegal” que continúa vixente hoxe en día, grazas á cal Fontecelta mantén o seu compromiso con dous poboados que Aldeas Infantiles SOS ten en Senegal; concretamente Kaolack e Louga, onde cada neno pertence a una familia e medra con amor, respecto e seguridade.

Comparte...