Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e a repostaría de Terra de Melide, protagonistas dunha cata maridaxe

Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e a repostaría de Terra de Melide, protagonistas dunha cata maridaxe

No marco da celebración da Feira Manxares de Melide, Feira Agroalimentaria de Galicia, que se desenvolverá os días 12 e 13 de decembro no Palacio de Congresos do Concello de Melide el CR Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e os doces Terra de Melide protagonizarán unha cata maridaxe que se celebra este domingo, 13 de decembro a partir das 11 horas.

A cata estará conducida pola vocal e integrante do panel de cata do CR, Sonia Otero, e o presidente da Asociación da Repostaría Tradicional Melide Terra Doce, Alberto Rodríguez, que serán os encargados de explicar as características que definen estes produtos e a súa versatilidade na maridaxe de ambos os produtos. Cunha duración aproximada dunha hora, o taller é de carácter gratuíto e conta cunha trintena de prazas. Para inscribirse, só hai que porse en contacto co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla Tambre Mandeo a través do teléfono 981 511 377.

Comparte...