O albariño 12 Cuncas, protagonista no Club de Cata Vitislucus de Lugo

O albariño 12 Cuncas, protagonista no Club de Cata Vitislucus de Lugo

O albariño monovovarietal 12 Cuncas, acollido na D.O. Rías Baixas Subzona do Salnés, será o protagonista da cata organizada polo Club de Cata Vitislucus que terá lugar o vindeiro martes 19 as 20,00 h no Restaurante O Castelo de Lugo (Rúa Nova 23).

Os asistentes terán a ocasión de coñecer un pouco sobre a súa elaboración, a súa textura e a súa combinación cos produtos gastronómicos nunha cata dirixida pola catadora Mercedes González, Presidenta da Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia e do Club de Cata de Lugo Vitislucus, que conta cun amplo currículo profesional no mundo do viño.

Os profesionais da hostalería interesados en asistir deben inscribirse previamente en mercedes.embajadora@gmail.com ou 689 292 675.

Comparte...