O albariño ‘El secreto de Candela’ celebra hoxe unha festa no Náutico de San Vicente

O albariño ‘El secreto de Candela’ celebra hoxe unha festa no Náutico de San Vicente

O Náutico de San Vicente de O Grove será hoxe o escenario dunha xornada dedicada ao viño, a gastronomía e a música da man de ‘El secreto de Candela’.

Así, o albariño do Salnés ‘El secreto de Candela’, organiza unha festa neste enclave para degustar o seu viño acompañado da música de Rubén Pozo e Lichis. Pero ademais, os asistentes poderán degustar dos petiscos do chef Estrela  Michelin  Yayo Daporta, que  maridan á perfección co albariño.

A festa comezará ás 18.30 e rematará arredor das 22.30 h. As entradas para a festa, que teñen un custe de 10 euros, poden adquirirse  online ou no propio Náutico de San Vicente.

Comparte...