Son D’Aldea organiza “Alimentación Consenso”

Son D’Aldea organiza “Alimentación Consenso”

Baixo o slogan “Alimentación Consenso” celebrarase na tarde do sábado 16 de marzo unha serie de actividades relacionadas co mundo da alimentación e o saber popular que terán lugar en Santiago de Alba, no concello lucense de Palas de Rei, organizado por Xosé Luis Carreira (Arqueixal) e Lucas Requeixo, impulsor da iniciativa Prato_Do, que será presentada no marco da xornada.

A partir das cinco da tarde haberá un coloquio sobre alimentación, coa participación de tres persoas maiores con experiencia en diversos campos. Pero tamén haberá tempo para picar algo co “menú harmonía da Ulloa”: a horta + o amanteigado + a callada, ou o que é mesmo, ensalada, queixo e iogur, todo con materias primas da zona.

A animación correrá a cargo de “Hortensio, home orquestra”.

Comparte...