Feira do Viño de Amandi, en Sober, 23 e 24 de marzo

Feira do Viño de Amandi, en Sober, 23 e 24 de marzo

A tradicional Feira do Viño de Amandi, en Sober chega a súa XXXIII edición, que se celebra o sábado 23 e o domingo 24 de marzo.

O sábado 23 a apertura oficial da cita será ás 12:oo horas, na carpa en forma de iglú situada na Praza do Concello. O domingo 24 a cata oficial chegará ás 11:30 horas e o pregón, ás 13:00 horas.

Bombas de palenque e música de todo tipo servirá de animación a esta Feira do Viño de Amandi.

Adegas inscritas na XXXIII Feira do Viño de Amandi:

Todas as adegas estarán amparadas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Son: A man de prado, As muras, Algueira, Anzio, Barbado, Cividade, Conde de Piantes, Cruceiro, Decima, Don Bernardino, Estrela, Guimaro, Lucenza, Marcelino I, Naz, O Regueiral, Rectoral de Amandi, Regina Viarum, Surga I, Tear, Val da lenda, Viña Cazoga e Viña Ferreiro.

Comparte...