André Arzúa presenta o seu segundo volume de receitas

André Arzúa presenta o seu segundo volume de receitas

O restaurante A Fábrica de Vilanova, en Allariz acolle o venres 4 de diciembre a presentación do segundo libro do seu chef, André Arzúa, que baixo o título André Arzúa- Cociña II recolle algo máis de medio centenar de receitas do seu autor, formado en Hostalaría en Santiago de Compostela, e que tras un bagaxe en diferentes restaurantes pon en marcha o seu propio proxecto en 2004, A Fábrica de Vilanova de Allariz.

Da súa experiencia adquirida e do traballo diario e intenso do restaurante, unido a unha investigación seria e esixente, deron lugar a este amplo receitario, posto en práctica no restaurante e reunido agora nestes volumes, o primeiro deles esgotado. Un amplo receitario que vén, ademais ilustrado polo centenar de instantáneas do fotógrafo e deseñador gráfico, Alberte Sánchez. O prólogo correu a cargo do médico e amigo Emilio González.

O libro, autoeditado como o anterior, ten un prezo de 49? e poderá adquirirse tanto na súa presentación oficial como na web do restaurante.

Comparte...