ANFACO colabora coa V Cata Amateur “Ruta do Viño Rías Baixas”

ANFACO colabora coa V Cata Amateur “Ruta do Viño Rías Baixas”

Os asistentes á V Cata AmateurRuta do Viño Rías Baixas”, que arrancará o domingo 13 de novembro no Salón José Peña de Cambados, acompañarán a degustación dos viños con conservas de peixe e marisco aportadas pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Pescados (ANFACO-CECOPESCA). O sumiller David Barco será o mestre de cerimonias nunha degustación de 5 viños de diferentes bodegas da zona, que seguirá a unha cata á cegas na que os participantes terán que acertar 3 dos cinco caldos probados. Todos aqueles capaces de identificar os viños recibirán un premio, amais de entrar no sorteo dun enopack polo territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Para poder participar é preciso reservar unha das derradeiras 20 prazas dispoñibles, enviando un e-mail a Info@rutadelvinoriasbaixas.com ou chamando aos teléfonos 986 091 088 ou 687 523 230.

Comparte...