Arqueixal, esta semana no Mercado da Colleita

Arqueixal, esta semana no Mercado da Colleita

Arqueixal produtor artesanal de produción ecolóxica de leite, iogures e queixos de D.O. Arzúa-Ulloa, con sede en Santiago de Albá (Lugo), será a marca protagonista esta semana na tenda efémera do Mercado da Colleita na Coruña. Segundo os organizadores desta iniciativa “a súa aposta pola vida no ámbito rural a través dun concepto ecolóxico e sostible integraron a Arqueixal na comunidade de iniciativas” deste proxecto de compromiso social promovido pola Corporación Hijos de Rivera, R e Gadis.

Durante esta semana realizaranse diversas actividades, todas elas abertas ao público:

– Mércores, 17 de setembro (19:30 h.): Taller de elaboración de queixo artesán.

– Venres, 19 de setembro (19:30 h.): Presentación de “É TEMPO D ´ ALDEA: Actividades para escolares”

– Sábado, 20 de setembro (19:30 h.): “Elvira, A Descuberta dá Rebordela: Unha viaxe ao pasado”

Arqueixal combina a súa actividade como produtores de lácteos cun proxecto de ecoagroturismo activo e diversas iniciativas de divulgación do patrimonio etnográfico e etnolóxico do rural galego.

Para participar nas actividades é necesario apuntarse na mesma tenda ou chamar ao teléfono: 881 922 194.

Comparte...