FEIRÓN DO GALO DE NADAL, EN ARTEIXO

FEIRÓN DO GALO DE NADAL, EN ARTEIXO

Arteixo acolle este sábado 22 de decembro o seu Feirón do Galo de Nadal, que chega á súa XXI edición.

Como calquera outro sábado, os comerciantes achéganse a Arteixo a ofreceren os seus produtos pero, nesta ocasión, son moitos os vendedores que chegan con galos criados na casa.

O concello organiza un concurso para premiar os mellores exemplares vivos e cestas de capóns preparados. O pregoeiro será Sergio Pazos.

A maiores, este ano celébranse as Xornadas Gastronómicas do Galo, nas que participan 7 establecementos hostaleiros: Ek Chuah, Bata de Guata, Restaurante O’ Anduriña, O Mesón de David, La Brasería de Arteixo, Barr Vinoteca e Café de Fábula. Neles, do 20 al 23 de diciembre, poderanse degustar pratos e tapas elaboradas con galo de curral.

Comparte...