Arzúa vive unha nova Festa do Queixo

Arzúa vive unha nova Festa do Queixo

Arzúa xa ten lista a 38ª edición da súa Festa do Queixo, unha cita consolidada que se celebra o sábado 2 e o domingo 3 de marzo,  precedida de toda unha semana de actividades co queixo como protagonista.

No recinto feiral da vila estarán presentes durante eses 2 días 32 queixarías dentro da D.O.P.; 40 queixarías tradicionais non amparadas; produtos das distintas denominacións e indicacións xeográficas dos produtos galegos de calidade; e outros expositores institucionais e comerciais.

O centro de divulgación do queixo e do mel de Arzúa tamén contará con actividades propias.

Para levar a cabo esta cita cóntase coa implicación e colaboración de empresas colaboradoras e de distintos concellos veciños e máis da Mancomunidade do Camiño Francés de Santiago.

A Festa do Queixo de Arzúa leva asociada, dende hai moitos anos, o Festival do Queixo, unha cita con conxuntos rock e tradicionais.

Entre as actividades previas encóntranse debates sobre o queixo, introdución á cata de queixos nos colexios, cine, ou un concurso de petiscos co queixo como protagonista en 20 restaurantes e bares de Arzúa que terá lugar o venres 1 de marzo.

Programa Festa do Queixo

Comparte...