As Pontes celebra su Feira do Grelo o 10 de febreiro

As Pontes celebra su Feira do Grelo o 10 de febreiro

O concello de As Pontes vive o próximo 10 de febreiro a súa feira gastronómica: XXXIII Feira do Grelo.

A programación está dispoñible no seu portal web.

O programa comeza xa ás 8:00 coa numeración das cestas dos participantes no concurso do produto que, entre as 10:00 e as 11:00, exporanse na carpa na Praza de América.

Ás 11:00 horas o xurado retirará as cestas de grelos seleccionadas e porase á venda a mercancía exposta, ata as 13:00. Ás 12:30 entregaranse os premios no patio do Colexio Santa María.

No patio do colexio, con carpa climatizada, serviranse, entre 12:30 e 15:00 horas, un menú a base de consomé de cocido,  queixo tenro da Faeira con confeitura de grelos, potaxe de garavanzos con grelos e, de sobremesa, orellas.

Ademais haberá un programa paralelo con animación a cargo de charangas e grupos de música tradicionais, o festival de comparsas Vila das Pontes, ou exhibición de torneado de madeira, entre outras actividades.

Comparte...