Presentación de Bicos de Xeado de Granxa O Cancelo na Casa de Galicia en Madrid

Presentación de Bicos de Xeado de Granxa O Cancelo na Casa de Galicia en Madrid

O 27 de outubro Granxa O Cancelo celebrará unha presentación na Casa de Galicia en Madrid para promover e dar a probar os seus Bicos de Xeado. Os convidados ao evento terán a oportunidade de degustar e coñecer de preto estes xeados artesáns elaborados con ingredientes naturais e envasados a man.

A empresa galega, pertencente á Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, ten como obxectivo potenciar e promover o sector lácteo galego con novos produtos e proxectos.

Comparte...