Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa Estrela Galicia

Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa Estrela Galicia

O luns 28 de marzo a Capela Real do Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela), será o escenario do Campionato Galego Estrela Galicia de Tiraxe de Cervexa. Alí corenta profesionais da hostalería, chegados de todos os puntos da comunidade, terán a oportunidade de demostrar a súa destreza na tiraxe desta bebida fronte a un xurado experto que se encargará de elixir ao mellor tirador.

As fases iniciais da competición celebraranse en horario de mañá mentres que a gran final terá lugar a partir das 18:30 da tarde. Os catro mellor clasificados deste certame representarán a Galicia no Campionato Nacional que terá lugar en Madrid o próximo 5 de abril.

Comparte...