Casa Alongos, presente en Vigourmet e Xantar

Casa Alongos, presente en Vigourmet e Xantar

Casa Alongos, a firma con sede en Melide, desenvolve actividades nas dúas grandes citas destes días: Xantar e Vigourmet.

O sábado 9 de marzo, en Vigourmet artellará Artesanía do Sabor desde as 17:00 horas. O mestre pasteleiro Manuel Ángel Garea (panadaría-pastelaría Trisquel) descubrirá as súas creacións xunto o licor de amoras e arandos de Casa Alongos e acompañamento músical.

O domingo 10, xa en Xantar, Casa Alongos estará na sala de catas de Expourense ás 14:00 horas cos seus licores, que maridarán cos tradicionais melindres de Melide nunha presentación da Festa do Melindre organizada polo Concello do Cerne de Galicia.

Comparte...