Tapas pola igualdade no Casco Vello de Vigo

Tapas pola igualdade no Casco Vello de Vigo

A Asociación de comerciantes e hostaleiros Vigovello segue co seu programa de actividades dinamizadoras do barrio, neste caso cunha Ruta de Tapas pola igualdade.

Serán 27 os locais do casco vello olívico nos que se poderán tomar estas creacións ata o sábado 9 de marzo, a un prezo que non poderá superar os 3 euros.

A cita enmárcase na celebración do Día das Mulleres e, ademais, coincide o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

O propio sábado 9 vivirase unha nova edición do Rastro Portovello, que encherá as rúas de animación e pequenos postos.

Comparte...