Feira da Castaña e do Cogumelo, no concello de Riós

Feira da Castaña e do Cogumelo, no concello de Riós

O concello de Riós, na provincia de Ourense, celebra a súa tradicional Feira da Castaña e do Cogumelo os días 2 e 3 de novembro, que chega á súa XIX edición.

O magosto popular con alimentos tradicionais comezará ás 20:00 horas, o sábado, na Praza do Toural cun prezo de 5 euros.

O domingo 3 de novembro chegará a exhibición na Feira Gastronómica; dende as 13:00 horas, nova degustación de produtos típicos por 1,5 euros. Os establecementos de hostalaría prepararán menús especiais.

Actividades musicais, culturais e deportivas como o “Tour ciclista da Castaña” serven de acompañamento á propia celebración gastronómica.

Comparte...