Cata das Adegas Juan Gil no restaurante Manso en Santiago

Cata das Adegas Juan Gil no restaurante Manso en Santiago

O vindeiro martes 22 de novembro ás 20:30 horas o restaurante compostelán Manso acollerá unha cata das Adegas Juan Gil, onde os asistentes poderán probar seis marcas de diferentes denominacións de orixe de toda España, do Grupo Juan Gil Adegas Familiares. Alberto Lareo, chef do establecemento, poñerá o broche de ouro á cita con diferentes tapas, que compartirán a esencia dos viños escollidos para a ocasión. O custo da actividade é de 25€ e a reserva, obrigatoria.

A persoa que liderará a cata, ofrecendo detalles técnicos e enológicos, será Ferrán García, Delegado para España do grupo vinícola.

Máis información e reservas: mansorestaurante.com TLF: 881 959 657

Comparte...