Cata de viños canarios en Vide Vide

Cata de viños canarios en Vide Vide

O espazo enocultural Vide Vide!, en Santiago de Compostela, ofrece o martes 16 de xuño unha cata a cargo do catador Antonio Portela, vicepresidente da Asociación Galega de Catadores e organizador do salón A Emoción dos Viños en Tui, que ofrecerá un percorrido polos viños canarios baixo o título “Canarias-llas de Viños. Crónica dunha travesía”. Durante o relatorio Portela fará un repaso polas características que definen a viticultura da illa, viños atlánticos nos que as súas variedades autóctonas e as súas peculiares condicións de cultivo confírenlles unhas características que os fan singulares.

Os viños que se catarán durante a xornada serán:

  • Los Perdomos Sobre Lías Malvasía Volcánica 2013 (D.O.Lanzarote)
  • Vega Spínola. La Geria (Lanzarote)
  • Matias y Torres. Albillo criollo 2013 (D.O. La Palma)
  • El Níspero Vino de Tea 2013 (D.O. La Palma)
  • Taganán tinto 2013 Anaga (Tenerife)
  • Candio 2010 Suertes del Marqués (D.O. La Orotava)
  • Ignios Baboso 2012 (D.O. Ycoden-Daute-Isora)
  • Tanajara Vijariego negro 2009 (D.O. El Hierro)
  • El Tesoro 2013 (D. O. El Hierro)
  • Frontón de Oro Tintilla 2013 (D.O. Gran Canaria)

A actividade, cun custo de 25 euros por persoa, require inscrición previa, a través do teléfono 981 58 29 11 ou info@videvide.net

Comparte...