Cata de viños  Rías Baixas e queixos Arzúa-Ulloa no C.C Arousa

Cata de viños Rías Baixas e queixos Arzúa-Ulloa no C.C Arousa

Nova cita de catas de viños e queixos no Centro Comercial Arousa . O evento terá lugar mañá martes a partir das 18.30 na segunda planta do establecemento. Os asistentes poderán degustar denominacións de orixe protexidas Rías Baixas e Arzúa-Ulloa, coñecer os seus procesos de elaboración e conservación, aprender receitas, trucos de maridaxe e consellos para distinguir as súas variedades.

O público terá ademais a oportunidade de comprobar as diferenzas entre un viño de crianza sobre lias e outro de barrica, e de degustar un Rías Baixas Espumoso. Tamén catarán queixos de tres estados distintos de maduración, desde o mínimo dunha semana ata un curado de oito meses.

A entrada é gratuíta ata completar aforamento.

Comparte...