Cata-maridaxe de San Juan en Gastromanía Casa de Xantares con 12 Cuncas

Cata-maridaxe de San Juan en Gastromanía Casa de Xantares con 12 Cuncas

12 Cuncas e o restuarante Gastromanía Casa de Xantares en Palmeira (A Coruña) se alían na noite máis máxica para ofrecer unha cata-degustación aos mellores clientes do establecemento. Os asistentes poderán probar este albariño Rías Baixas e gozar da cociña de Nacho Rodríguez, chef e xerente. A velada estará amenizada por música en directo da man de artistas locais. Segundo os impulsores da velada, unha cita na que se poñerá de relevo o mellor sabor atlántico e a máis pura esencia da zona vitivinícola da zona do Salnés.

Nacho Rodríguez, chef e xerente do establecemento, é unha das novas promesas da cociña galega. Nomeado en 2015 a Mellor Cociñeiro do Ano no certame do Fórum Gastronómico da Coruña 2015, consolidouse como un dos chefs imprescindibles da zona.

Comparte...