Cata dos viños de Moraima no Club de Cata Vitislucus

Cata dos viños de Moraima no Club de Cata Vitislucus

O Club de Cata de Lugo Vitislucus organiza este mércores 18, ás 20:00 horas, unha recepción para os viños da Adega Cooperativa Moraima de Berrio en Pontevedra, encravada na subzona do Salnés da D.O. Rías Baixas.

Para Mercedes González, presidenta da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia e do club de cata Vitislucus, o viño Moraima ten uns matices “que o afastan do viño comercial e evocan máis ben aos albariños ancestrais, un elevado numero das súas cepas son vellas cepas de pé franco”.

Nesa sesión de cata poderase degustar tamén o viño Aba de Trasumia “que se amosa máis xovial e dinámico fronte e sobriedade do seu irmán maior Moraima”.

Comparte...