Cea e baile de gala no Hotel Scala de Padrón para celebrar Halloween

Cea e baile de gala no Hotel Scala de Padrón para celebrar Halloween

O Hotel Scala celebrará, a noite do próximo mércores 31 de outubro, unha das súas tradicionais ceas e bailes de gala, ambientada esta vez nos festexos de Halloween. Os asistentes ao evento poderán gozar, deste xeito, dun menú terrorífico moi especial: aperitivos, cempés chamuscados (lagostinos á prancha), ósos á grella (churrasco mixto), sobremesa de crema de queixo milenario ( cremosito) e adega. O prezo da cea inclúe tamén a entrada ao baile posterior, unha festa que se celebrará nos salóns do hotel amenizada por un DJ profesional e na que se habilitará unha barra con copas a prezos especiais.

Os asistentes ao evento poderán acollerse tamén a promocións especiais para pasar a noite no hotel incluíndo o almorzo buffet, xantar no restaurante o 1 de novembro ou aproveitar a ponte e facer unha escapada de varios días nas súas instalacións. Ademais, os menores de 12 anos que acudan á cea gozarán dun menú especial composto por pizza, milanesa e sobremesa cun 50% de desconto.

Para asistir ao evento é necesario reservar praza no teléfono 981 811 312 ou no email hotel@hscala.com.

Comparte...