Cervexas & Tapas en A Coruña con SaborPlace, o 24 de maio

Cervexas & Tapas en A Coruña con SaborPlace, o 24 de maio

A Coruña acollerá a primeira edición do Cervexas & Tapas de Saborplace.com; a cita é o venres 24 de maio en The Room, na zona vella coruñesa.

Haberá cata de 4 cervexas artesás: Saramagal (Galicia), Mateo & Bernabé (La Rioja), República Monegria (Huesca) e Dougall ´ s (Cantabria); cada unha delas acompañarase cunha maridaxe ecolóxica elaborada por Lucas, fundador do proxecto Patro-Do, unha tapería responsable itinerante que cociña con produtos locais e ecolóxicos.

O prezo por persoa é de 10 euros e a hora de inicio as 20:30. As prazas son limitadas e é posible anotarse a través da seguinte ligazón.

Comparte...