Chantada celebra a súa Feira do Viño

Chantada celebra a súa Feira do Viño

A Feira do Viño de Chantada homenaxea ao viño da Ribeira Sacra os días 8, 9 e 10 de marzo e chega á súa XXI edición da man da asociación Quinto Chote e a colaboración do Concello.

Como aperitivo, entre o 4 e o 7 de marzo haberá catas comentadas en Mar & Bellota, Os Pendellos, A Faragulla e A Viñoteca.

O venres 8 de marzo, ás 20:00 horas, abriranse os postos das adegas participantes na Feira do Viño. Ás 00:00 chegará a actuación do grupo Yucatán.

O sábado 9 haberá música tradicional e pasacalles durante todo o día, e verbena pola noite.

O domingo 10 será a xornada principal. A cata oficial empezará ás 11:00 horas, o pregón ás 13:00 con Miguel Anxo Fernán Vello como pregoeiro e a visita oficial aos expositores, ás 14:00 horas. Tampouco faltará a música durante a xornada.

Comparte...