Relatorios, catering ecolóxico e máis de 20 marcas confirmadas para a III Edición de Ecological Galicia

Relatorios, catering ecolóxico e máis de 20 marcas confirmadas para a III Edición de Ecological Galicia

Cambados acollerá a segunda semana de agosto a terceira edición de Ecological Galicia, a única de produtos exclusivamente certificados como ecolóxicos e/ou biodinámicos que se celebra en Galicia. Dirixida tanto ao sector profesional como ao consumidor final, a feira reúne ten confirmados a algo máis de 20 marcas de produtos ecolóxicos e relacionados co medio ambiente de Galicia co obxectivo de ofrecer un punto de encontro entre produtores e comercilizadores, compartir experiencias e información. Tendas Gourmet, de alimentación ecolóxica, herboristerías, terapeutas así como produtores e comercializadores nacionais e internacionais danse cita en Ecological Galicia, unha iniciativa da que xa dimos conta en Benbo en anteriores edicións e coa que se busca axuntar sector público e privada para promocionar a comercialización deste tipo de produtos.

É por iso que a feira, que se celebrará no Paseo de Cambados o 7,8 e 9 de agosto, complétase cun programa de charlas e actividades entre as que xa está confirmada a presenza o 7 de Santiago Pérez, de Finca Los Cuervos, que falará sobre novas formas de desenvolvemento dunha empresa agrícola; Bosques e Xardíns Comestibles, a cargo de Lolo Andrade terá lugar o sábado 8 e un taller de técnicas culinarias saudables a cargo de Silvia Méndez, que pechará as actividades previstas o domingo.

O horario de apertura da feira é de 11h a 22h 11:00 cun desscanso de 14:30-16:30 no que estará aberto o cátering ecolóxico, onde gozar de novos sabores e produtos orgánicos.

Comparte...