O chef Alberto Lareo e o artista José Andrés, man a man en Manso

O chef Alberto Lareo e o artista José Andrés, man a man en Manso

O restaurante compostelán Manso anuncia para o martes 7 de marzo unha nova exposición nos seus salóns, esta vez centrada no artista de José Andrés, natural de tamén da capital de Galicia. Nesta ocasión a actividade vén marcada pola inauguración dunha galería no Villar 48, Federica no era tonta, sendo o establecemento de Alberto Lareo unha sala paralela ao novo espazo na cidade.

Cociñeiro e pintor comparten unha liña de traballo inspirada en Xapón, fío condutor da mostra, que estará composta por pezas das series Nipponadas (2007-2012) e Origami (2002-2012) do autor. A exposición estará aberta a todos os clientes de Manso que decidan visitar o restaurante nas próximas semanas.

Comparte...