A chef con dúas Estrelas Michelin María Marte estará en ‘Espacio Mahou Coruña’

A chef con dúas Estrelas Michelin María Marte estará en ‘Espacio Mahou Coruña’

Mañá venres, 7 de xullo, Espacio Mahou Coruña recibirá a visita de María Marte, chef de El Club Allard, restaurante madrileño con dúas Estrelas Michelin. Ofrecerá na planta de Sabor, a partir das 12:30 horas, unha masterclass dirixida a alumnos da Escola de Hostalería San Javier de A Coruña e do Centro Superior de Hostalería de Galicia. Despois da clase, a partir das 13:00 horas, o público que se achegue ata o Espacio Mahou terá a oportunidade de acompañar a súa cervexa, de forma gratuíta, cun petisco de “Guiso de bacallau con emulsión de pasas e crocante de boniato” deseñada e preparada pola propia María Marte.

Comparte...