Festa do Codillo na Rúa

Festa do Codillo na Rúa

O sábado 26 de xaneiro, A Rúa organiza a sexta edición da súa Festa do Codillo, dende as 14.30 horas e no Pavillón Polideportivo do concello valdeorrés.

Ademais do codillo de porco, o menú contará con outros produtos típicos do inverno como o consomé con tropezóns, grelos, chourizos, cachelos e, de sobremesa, bica; ademais de café e licores.

O prezo é de 15 euros e inclúe coma agasallo o prato, a cunca e a cunca pequena de café.

Comparte...