Cómo descubrir Vigo a través dun tour de tapas diferente

Cómo descubrir Vigo a través dun tour de tapas diferente

Baixo a premisa de descubrir Vigo dunha forma diferente, e especialmente orientado para descubrir os mellores bares de tapas da cidade olívica, a empresa de lecer a6pasos organiza o Delicioso Tour de Vigo. Partindo do Porto de Vigo, á beira do CC A Laxe, os participantes percorrerán a zona vella de Vigo nun paseo de 2 horas no que descubrirán anécdotas e información sobre a cidade.

Entre as visitas haberá paradas para degustar en diferentes locais para a degustación de tapas e bebidas, que están incluídas no prezo da actividade. Inicialmente este Tour celébrase os días 17 ás 19,30h e o 18 de xullo, ás 12h e está dirixido a toda clase de público, tanto turistas como persoas afincadas na cidade. O prezo por persoa é de 30 euros por adultos e 20 euros para os menores de 16 anos. Os interesados poden facer a inscrición na súa páxina web.

Comparte...