Concurso de Pinchos do Outono no Ribeiro

Concurso de Pinchos do Outono no Ribeiro

A terceira edición do Concurso de Pinchos do Outono no Ribeiro xuntará as propostas gastronómicas de 15 locais de hostalaría do venres 2 ao domingo 11 de decembro

En concreto serán 14 establecementos de Ribadavia e un de Castrelo de Miño os que tomen parte desta terceira edición do Concurso de Pinchos do Outono no Ribeiro, que funcionará en horario de 12.00 a 16.00 e de 19.00 as 23.00 horas.

A presentación do Concurso de Petiscos realizouse na sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro

Como é habitual nos concursos de pinchos, os consumidores participantes poderán gañar diversos premios ao valoraren os petiscos nas papeletas que haberá repartidas polos locais. Aqueles que harmonicen o seu pincho cun viño do Ribeiro poderán ser premiados cun superlote ofrecido polo Consello Regulador da denominación de orixe máis antiga de Galicia.

Comparte...