Concurso de tapas con queixo San Simón en Vilalba ata o13 de abril

Concurso de tapas con queixo San Simón en Vilalba ata o13 de abril

Ata o 13 de abril, un total de 41 locais de Vilalba ofrecerán tapas elaboradas co emprego de queixo de San Simón da Costa no marco do seu sétimo concurso de tapas. As tapas tradicionais venderanse a un euro e as creativas a 2,50.

A Feira do Queixo de San Simón terá lugar os días 5 e 6 de abril en Vilalba, coa presenza de Eva Micaela Millán e Fabián León, concursantes do programa Master Chef, que formarán parte do xurado do concurso de tapas e ofrecerán un show cooking.

Comparte...