O C.R.D.O. Monterrei organiza un curso de iniciación ao mundo da cata de viños

O C.R.D.O. Monterrei organiza un curso de iniciación ao mundo da cata de viños

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei organiza, durante as próximas semanas, o ‘Curso de iniciación a la cata de vinos’, co propósito de instruir aos participantes sobre nocións básicas de viticultura, enoloxía e mecanismos de cata.

Este curso gratuito está destinado a un máximo de 15 persoas e será impartido por Iria Otero, licenciada en Farmacia y Enoloxía, na adega Alba Al-Bar S.L en tres sesións:

  • 1ª sesión: 21 de abril de 18 a 20.30 horas.
  • 2ª sesión: 22 de abril de 11 a 13.30 horas.
  • 3ª sesión: 28 de abril de 18 a 20.30 horas.

En ditas xornadas se presentarán temas como as orixes e a cultura do viño, a xeografía enolóxica, a morfoloxía da vide, o seu ciclo vexetativo e os factores de produción, a vinificación dos diferentes viños, a análise sensorial e técnica na cata, entre outros.

Para poder asistir ao curso formativo será necesario inscribirse previamente na sede do C.R.D.O. Monterrei.

D.O. de Monterrei está conformada por 25 adegas do val que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val ocupando os viñedos desta D.O. un total de 575 hectáreas.

Comparte...